¿Que é o Universo?
O universo é o conxunto formado polo espazo e a súa materia (Os planetas, os astros, as galaxias...).- Galaxias: Están formadas por montons de estrelas e astros. Hai millóns e millóns de galaxias por todo o espazo. As galaxias poden ter forma de espiral, elíptica ou irregular. O noso Sistema Solar sitúase na Vía Láctea.
Esta é a Vía Láctea.
- Estrelas: Son astros que xiran ao redor das galaxias. Están formadas por gases que se van quemando, por iso, cando xa levan miles de millóns de anos emitendo moita luz apáganse. Según pasan os anos pasan a ser de cor azul ao branco, ao amarelo, ao laranxa, e finalmente, ao vermello.
- Os planetas: Son astros sen luz propia que xiran ao redor dunha estrela. Este conxunto chámase sistema planetario. O noso sistema planetario chámase Sistema Solar.
O Sistema Solar. |
- Satélites: Son astros que xiran ao redor dos planetas. Non emiten luz. Non todos os planetas teñen satélites pois Venus non ten. A Terra teñe un, a Lúa, Marte teñe dous e Xúpiter 63.
- Cometas: Son astros formados por xeo e gases. Xiran ao redor das estrelas e, cando pasan cerca delas fórmase a cola.
Un cometa. |
- Meteoritos: Son fragmentos de asteroides ou de cometas que chocan contra un planeta. Cando impactan forman buratos chamados cráteres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario